Tuesday 30 de April de 2024

Obradoiro de apoderamento e radio dirixido a mulleres de Cabanas


Celebraranse dúas xornadas, os días 21 e 28 de xuño, na Escola de Lavandeira

O Concello de Cabanas, a través da área de igualdade, organiza unha serie de obradoiros de sensibilización fronte á violencia de xénero e de apoderamento para as mulleres, co fin de que as participantes acaden a súa autonomía económica e emocional, ao tempo que toman conciencia do autocoidado e o benestar persoal para o seu desenvolvemento e crecemento individual.

Entre os contidos que se traballarán nos diferentes talleres, organizados en dúas sesións, están os da sensibilización sobre a violencia de xénero, a práctica dos conceptos chave para comprender a desigualdade entre as mulleres e os homes, a autoestima ou o autocoidado, entre outros.

Os obradoiros celebraranse os martes 21 e 28 de xuño na Escola de Lavandeira, en horario de 17.00 a 19.30 horas. Malia que non é necesaria a inscrición previa, as persoas interesadas poden dirixirse a igualdade@cabanas.gal ou ao teléfono 981 495 959 (ext. 6) para obter máis información.

A actividade conta con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, un programa que supón a unión dun gran número de institucións, organizacións e persoas expertas na formulación de medidas para a erradicación da violencia sobre as mulleres.